Os Miragres de Santiago e as súas fontes: estudo sobre a recepción e a difusión do relato de Bernaldus

Autores/as

DOI:

https://doi.org/10.37536/RLM.2019.31.0.66023

Palabras clave:

Miragres de Santiago, Liber Sancti Iacobi, Fontes, Literatura Galega

Resumen

O Liber de miraculis constitúe unha sección destacada do Liber Sancti Iacobi, composta por vinte e dous milagres precedidos dunha introdución. Esta parte coñeceu entidade independente na tradución ao galego na obra os Miragres de Santiago, conservada no único manuscrito coñecido, o ms. 7455 da Biblioteca Nacional de Madrid. A pesar de que o modelo que se ten en consideración para a redacción dos Miragres é o Liber Sancti Iacobi, debemos recoñecer que non se seguiu fielmente o seu programa interior ou a fisionomía narrativa de cada relato, senón que existen omisións, así como interpolacións que son difíciles de precisar. Partindo dos “estudos de conxunto” que, tradicionalmente, foron a maioría no ámbito da indagación das fontes dos Miragres, e animados por unha falta de traballos particulares sobre cada relato miraculístico da colección, o obxectivo da presente contribución é presentar unha análise particular sobre o milagre décimo primeiro do Codex Calixtinus. O fin é o de advertir a súa recorrencia na literatura haxiográfica contemporánea ou posterior, pois esta narración non só chega a traspasar as fronteiras da literatura en linguas vernáculas na súa tradución ao galego nos Miragres de Santiago, senón que se considera un dos relatos merecedores de ser preservados noutras compilacións en latín de moita envergadura. Na parte final, son obxecto de análise tamén as indicacións toponímicas que remiten a un ambiente italiano e que, a través dunha nova lectura, poden suxerir un horizonte de creación deste milagre relacionado coa ruta xacobea.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Métricas alternativas

Biografía del autor/a

Manuel Negri , Universidade de Santiago de Compostela

É Doutor Internacional Cum Laude e Premio Extraordinario en Estudos Medievais (USC) cunha tese sobre a representación dos santos nas Cantigas de Santa Maria (dir. Elvira Fidalgo Francisco). Anteriormente, cursou os seus estudos en Filoloxía Románica na Università degli Studi di Padova (Italia). Na actualidade, é Investigador Posdoutoral Contratado na Universidade de Santiago de Compostela onde traballa ao proxecto "Literatura de eixo atlántico: Cantigas de Santa María localizadas en Galicia e Portugal". Traballou xa como bolseiro no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) vinculado ao proxecto “Lírica Profana Galego Portuguesa” dirixido polas profesoras Mercedes Brea e Pilar Lorenzo Gradín. Participou tamén, baixo a dirección da profesora Elvira Fidalgo Francisco, no Proxecto Internacional de I+D “Las Cantigas de Santa Maria: de la edición a la intepretación” (Ref.: FFI2014-52710-P), financiado polo MINECO. Os seus intereses principais de investigación teñen que ver coas fontes das Cantigas marianas así como cos temas de escarnio da lírica profana. Investiga tamén as fontes de miragres en ‘veneziano’ e doutras colectaneas marianas europeas. É, ademais, membro da Asociación Hispánica de Literatura Medieval (AHLM) e da Società Italiana de Filologia Romanza (SIFR)

Tania Vázquez García , Universidade de Santiago de Compostela

É Graduada en Linguas e Literaturas Modernas, no itinerario de Filoloxía Románica, coa mención de Premio Extraordinario polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Contou cunha bolsa de colaboración do MECD no Departamento de Filoloxía Galega (Área de Filoloxía Románica) no curso 2014-2015, así como coa bolsa Jae Intro no IEGPS (CSIC) ao ano seguinte. Foi membro do proxecto “Prosa Literaria Galega Medieval” do CRPIH e continúa a súa formación investigadora no ámbito da literatura medieval en linguas vernáculas, prestando especial atención ás trobairitz occitanas e á representación da muller nas cantigas de escarnio galego-portuguesas. Participou con comunicacións en varios congresos internacionais e algúns dos seus traballos xa foron publicados e están incluídos dentro do Proxecto “Voces de mulleres na Idade Media: realidade e ficción (séculos XII-XIV)” (FFI2014-55628-P), dirixido pola Dra. Esther Corral Díaz. Na actualidade, é profesora de ensino secundario da especialidade de Lingua Galega e Literatura

Descargas

Publicado

2019-12-31

Cómo citar

Negri, M. y Vázquez García, T. (2019) «Os Miragres de Santiago e as súas fontes: estudo sobre a recepción e a difusión do relato de Bernaldus», Revista de Literatura Medieval. Alcalá de Henares, ES, 31, pp. 161–177. doi: 10.37536/RLM.2019.31.0.66023.

Métrica